lunes, 25 de mayo de 2020

ETRADCOVID19. Nova entrada no blogue da aula de Arpa Céltica. Axeitame a Polainiña. Ciclo Avanzado. 11º Boletín

Material de traballo para o Ciclo Avanzado: Ao longo destas últimas semanas de curso imos, ademáis de seguir aprendendo novo repertorio, a facer repaso dalgúns temas aprendidos durante o curso. Axeitame a Polainiña, un tema recollido no disco de Faustino Santalices sobre repertorio da zanfona, e que versioneu e popularizou mais aínda o grupo Milladoiro no disco "A Galicia de Maeloc". Aquí revisamos o arranxo feito por Rodrigo Romaní para a aula de arpa céltica . Lembrade comezar o estudo tocando as escalas. 11º Boletín. 

Arpa Céltica. Ciclo Avanzado. Axeitame a Polainiña. Partitura.

Axeitame a Polainiña. Faustino Santalices.

Axeitame a Polainiña. Milladoiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario