lunes, 27 de abril de 2020

ETRADCOVID19. Nova entrada no blogue de Arpa Céltica. Novas sobre arpa céltica en Galicia. Todos os ciclos. 7º Boletín.


O director da ETRAD Rodrigo Romaní, como todos saberes, é un dos referentes da Arpa Céltica en Europa (por non decir mundial), cada disco novo que nos regala é unha grandísima boa nova na comunidade arpística, aquí vai un adianto dun novo EP que se chamará "Illas" gravado en confinamento durante éste mes de Abril xunto coa talentosísima Beatriz Martinez. Bailadeiras é unha revisión a dúo de arpas sobre Auga de Bailadeiras tema creado por Milladoiro.

Arpa Céltica. Rodrigo Romaní e Beatriz Martínez. Bailadeiras.

Por outra banda, e seguindo a falar de arpa en Galicia, ven de sair á luz o segundo disco de Ghaveta, formado por catro exalumnos da escola e dos que estamos tremendamente orgullosos, a xa referida Beatriz Martínez coa arpa céltica, Marta Martínez na voz e o bouzouqui, Diego Langarika na guitarra e o violín de Felipe Rodicio. Presentan A Raíz do Pensamento. Non deixedes de escoitar éste novo traballo de Ghaveta.

Arpa céltica. Novo album de Ghaveta. A raíz do Pensamento. enlace Spotify.

No hay comentarios:

Publicar un comentario